Friday 17 de May de 2024

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 22 de decembro de 2021


O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou na xornada de onte, mércores 22, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Aprobación da Conta Xeral do exercicio 2020. Aprobada por unanimidade.

2. Dación de conta dos reparos formulados pola Intervención no exercicio 2020 así como da liquidación do mesmo exercicio.

3. Proposta da Alcaldía para a prestación de conformidade coa execución do proxecto de novo sistema terciario. Aprobada por unanimidade.